Aberto primeiro prazo de alta nas EXTRAESCOLARES do 15/06/26 ata o 12/07/26
Para formalizar a alta na ANPA debes cubrir o seguinte formulario:
ALTAS dende o 15 de Xuño do 2026 !!!!
Cotas ANPA =>
1 fillo/a = 29 euros/curso
2 fillos/as ou mais = 32 euros/curso
Importante:
O recibo correspondente ao curso 2026-2027 cargarase na conta facilitada no formulario. No caso de que a inscrición se realizase antes de setembro de 2026, o cobro efectuarase nos primeiros días do curso 2026-2027. Se a alta se realiza a partir do 1 de setembro, o recibo cargarase dentro dos 7 días hábiles seguintes á inscrición..
Para completar o proceso de inscrición na ANPA e que esta sexa efectiva, é imprescindible realizar o pago da cota anual (que o recibo non sexa devolto).
A devolución dun recibo impedirá o acceso a MADRUGADORES, EXTRAESCOLARES ou LUDOTECA así como os beneficios ofrecidos pola asociación hasta que a situación este regularizada.
A devolución dun recibo supondrá un custo de 3euros a maiores para solventar os gastos producidos, este cargo sumarase o importe do recibo devolto e cargarase na conta facilitada.
NOTA:
É imprescindible ser socio/a da ANPA para poder facer uso dos servizos de MADRUGADORES, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ou LUDOTECA.
Co fin de facilitar a xestión ás familias, a condición de socio/a renovarase automaticamente ao inicio de cada novo curso escolar. Polo tanto, as familias que xa fosen socias no curso 2025-2026 non precisan realizar unha nova inscrición.
En caso de non desexar continuar como socio/a, será necesario comunicalo por escrito antes do mes de xuño do curso correspondente.
Para solicitar a baixa na ANPA, envía un correo electrónico premendo nesta ligazón: BAIXA EXTRAESCOLAR.