🌿🌊🌼 Roteiro Celebrando os Maios
Sada, 22/04/2026
Dende o ANPA de Mosteirón queremos convidarvos a participar nunha actividade diferente, divertida e moi especial: un Taller de Iniciación ao Skate, que terá lugar o vindeiro Luns 11/05/2026, de 17:00 a 18:00 h, nas instalacións do CEIP Mosteirón.
A actividade será impartida por profesionais da escola New School Skateboards, unha escola coñecida de primeira man polo ANPA e con ampla experiencia na ensinanza deste deporte.
Será unha oportunidade perfecta para que nenos e nenas de calquera idade poidan descubrir como iniciarse no skate dun xeito divertido e, sobre todo, con total seguridade.
➡️ Durante o obradoiro haberá:
Táboas de skate dispoñibles para préstamo.
Proteccións en caso de necesidade.
Rampas e material adaptado.
Monitores especializados.
Ambiente familiar e participativo.
Se xa tedes material propio, podedes traer casco, xeonlleiras, coderas ou skate.
👨👩👧👦 Ademais, os pais e nais que se animen tamén poderán participar xunto cos seus fillos e fillas por un custo reducido.
Vai ser unha tarde para pasalo en grande en familia e achegarnos a un deporte cada vez máis popular.
Se queredes coñecer a escola que impartirá o taller:
📲 Instagram: https://www.instagram.com/newschoolskateboards/
🌐 Web: https://new-school.es/
A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros centros, aínda que terán prioridade o alumnado do CEIP Mosteirón e as familias socias do ANPA.
PREZOS:
✅ Nenos/as socios do ANPA: GRATUITO
✅ Adultos acompañantes socios do ANPA: 5 €
✅ Resto de participantes (nenos/as ou adultos non socios): 13 €
INSCRICIÓNS:
📅 Prazo de inscrición: dende 22/04/26 ata o 6/05/26.
👥 Número máximo de participantes: 20 prazas (nenos/as e/ou adultos).
📝 Formulario de inscrición: https://forms.gle/XUmgt5fyFwYN9uwW6
💶 PAGAMENTO:
O pagamento da actividade realizarase mediante transferencia bancaria á conta da ANPA Mosteiron unha vez os confirmemos por email a praza.
Titular da conta: ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DE MOSTEIRON
Número de conta (IBAN): ES55 0049 5030 1822 1679 8891
Concepto da transferencia (OBRIGATORIO): SKATE + [nome do neno e/ou adulto que realizara a actividade]
Despois de facer o pagamento enviade o comprobante por mail por favor a anpamosteiron.sada@gmail.com
🛹 CONSELLOS:
Calzado e roupa cómoda.
Proteccions (casco, xeonlleiras, coderas) e skate se o tendes senón se prestaran.
Botella de auga para manterse hidratado durante a actividade.
🚨🚨 IMPORTANTE: 🚨🚨
As persoas participantes comprométense a manter un comportamento correcto, respectuoso e adecuado durante toda a actividade, seguindo en todo momento as indicacións do persoal monitor e respectando ao resto de participantes, instalacións e material empregado.
No caso de cancelación da inscrición con menos de 48 horas de antelación ao inicio da actividade, non se procederá á devolución do importe aboado, salvo causa de forza maior debidamente xustificada.
Sada, 18/09/2025
Dende o ANPA, seguimos a buscar a mellor maneira de manter ás familias informadas e acompañadas nos temas que máis nos preocupan na crianza e educación das nosas crianzas.
Por iso, organizamos un ciclo de sesións de psicoloxía abertas a todas as familias, sempre en horario de 17:30 a 19:30 h. O emprazamento das charlas variará en función de cada sesión.
👉 É unha oportunidade moi valiosa para aprender, reflexionar e compartir arredor de cuestións esenciais como a xestión das emocións, a comunicación coas nosas fillas e fillos, ou o uso das tecnoloxías.
Ademais, contarase cun servizo de canguros para facilitar a asistencia.
Estas charlas serán gratuitas para os socios da ANPA.
📅 Programa de sesións:
Sesión 1: Emocións Básicas e A importancia do Apego
🗓️ Luns, 27 de outubro de 2025 – 17:30 h.
👆 Inscrición para a Sesion 1 PECHADO
Sesión 2: Cómo comunicar malas novas ás nosas crianzas
🗓️ Luns, 24 de novembro de 2025 – 17:30 h.
👆 Inscrición para a Sesion 2 PECHADO
📹 Link video de la charla. (Código Acceso: ^Cw6*K!%) Disponible hasta 09/01/2026.
Sesión 3: Regulación Emocional no Contexto Familiar
🗓️ Luns, 15 de decembro de 2025 – 17:30 h.
👆 Inscrición para a Sesion 3 PECHADA
📹 Link video de la charla. (Código Acceso: Pf#hi76+) Disponible hasta 25/01/2026.
Sesión 4: Establecendo límites con Autonomía
🗓️ Luns, 26 de xaneiro de 2026 – 17:30 h.
👆 Inscrición para a Sesion 4 PECHADA
📹 Link video de la charla. (Código Acceso: q.Ww0B$R ) Disponible hasta 22/02/2026.
Sesión 5: Mentalización Básica
🗓️ Luns, 23 de febreiro de 2026 – 17:30 h.
👆 Inscrición para a Sesion 5 PECHADA
📹 Link video de la charla. (Código Acceso: 6b7+U^GA ) Disponible hasta 25/03/2026.
Sesión 6: Tecnoloxía, redes e infancia: riscos e actuacións específicas
🗓️ Xoves, 26 de marzo de 2026 – 17:30 h.
👆 Inscrición para a Sesion 6 PECHADA
📹 Link video de la charla. (Código Acceso:WF4ZcS*) Disponible hasta 26/04/2026.
Sesión 7: Imaxe Corporal e Trastornos Alimentarios
🗓️ Luns, 27 de abril de 2026 – 17:30 h.
👆 Inscrición para a Sesion 7 PECHADA
📹 Link video de la charla. (Código Acceso:zH0X?zDB) Disponible hasta 24/05/2026.
Sesión 8: Educación Sexual Adaptada aos máis pequenos
🗓️ Luns, 25 de maio de 2026 – 17:30 h.
ℹ️ A inscrición en cada sesión abrirase segundo se vaian achegando as datas.
Importante:
- A inscrición e gratuita para os SOCIOS ANPA MOSTEIRÓN, socios do ANPA As Mariñas, socios do ANPA Quintan e socios de La Sociedad de Sada.
- O prezo para os non socios e de 12euros. No formulario xa tes o procedemento de pago.
- No caso dos SOCIOS que non podan asistir e non avisen ca debida antelación (máximo o 20 de outubro) teremos que cobrarche 2 eur en concepto de penalización por ocupar a praza.
💡 Lembrade: é moi importante para todas e todos participar nestes espazos de aprendizaxe compartida!
*En Colaboracion co Concello de Sada
Sada, 20/11/2025
Dende o ANPA, seguimos a buscar a mellor maneira de manter ás familias informadas e acompañad
“Falamos dos nosos dereitos: un espazo para escoitar e compartir”.
Este proxecto celebrado o 20/11/25 tivo como finalidade sensibilizar ao alumnado sobre os dereitos dos nenos e nenas, fomentando a participación activa, o diálogo e a reflexión.
Durante a xornada, organizaronse actividades lúdicas e educativas que permitiron que ao alumnado de 2 EP expresar as súas ideas e experiencias, coñecer os seus dereitos e comprender a importancia do respecto, a igualdade e a convivencia.
O formato combinou un faladoiro, no que se promoveron debates e intercambio de opinións, cun taller práctico que reforzou o aprendizaxe a través do xogo e a creatividade, creando un espazo inclusivo e participativo para todas as idades.
Moitas grazas a Carmen Álvarez Irigoyen pola súa implicación sendo a responsable do taller e a CEIP Mosteirón pola sua continua colaboración.
*En Colaboracion co Concello de Sada