Xa vos podedes anotar nos Faladoiros de Psicoloxía !!!!
O servizo de comedor escolar está xestionado pola Xunta de Galicia e dá cobertura ao alumnado tanto do CEIP como do IES. O seu obxectivo é ofrecer unha alimentación saudable, equilibrada e axeitada á idade do alumnado, nun espazo seguro e educativo.
O comedor escolar rexe-se pola normativa vixente da Xunta de Galicia, que regula o funcionamento, a calidade alimentaria, a organización e os dereitos das familias.
Os menús están elaborados segundo criterios nutricionais revisados por unha nutricionista titulada, garantindo variedade, equilibrio e adaptación ás necesidades dos rapaces e rapazas. En casos de alerxias, intolerancias ou dietas especiais, existen protocolos específicos para garantir a súa seguridade.
Avisos de NON asistencia a comedor (antes das 09.45h a comedor.ceip.mosteiron@edu.xunta.gal)
Titorial para PAGO do comedor a traves da Axencia Tributaria.
Para a ANPA, a transparencia é fundamental.
Queremos que as familias poidan coñecer como funciona o servizo.
É importante para nós saber -e poder explicar- que o comedor cumpre:
As condicións hixiénico-sanitarias esixidas pola normativa.
A calidade mínima dos alimentos e a súa correcta preparación.
O respecto ás dietas especiais certificadas.
A correcta supervisión e atención ao alumnado durante o servizo.
Compartir esta información non só aumenta a confianza das familias, senón que axuda a detectar e atender posibles queixas ou melloras.
O noso compromiso é ofrecer un espazo onde todas as familias poidan informarse con claridade.
Queres propoñer melloras ou suxestións?
Tes dúbidas sobre o funcionamento?
Podes contactar connosco a través do correo electrónico: anpamosteiron.sada@gmail.com e intentaremos solventar todas as dúbidas.
Con este espazo, pretendemos dar transparencia, construír confianza e fomentar unha comunidade educativa comprometida coa saúde e benestar dos nosos rapaces e rapazas.
*Fotos tomadas el dia 21/11/2025 con motivo de la visita de miembros del ANPA al comedor para informarnos y ver el funcionamiento del mismo.